O presidente da Xunta de Galicia e a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático visitaron hoxe a central hidroeléctrica que Iberdrola ten en Vilamartín de Valdeorras.
Operativa dende o 1969, é unha das referencias a nivel galego no campo das enerxías renovables, neste caso, da hidráulica.
Durante esta visita Alfonso Rueda destacou o potencial que posúe a nosa comunidade para producir renovables e poder apostar polo seu aproveitamento sustentable.
Para o presidente, o camiño a seguir debe ir da man de empresas e concellos, co fin de constatar os beneficios económicos e sociais da produción enerxética.

