Unha caravana de taxis pouco habitual tomou esta mañá as estradas da comarca para protestar pos subida “abusiva” do prezo dos seguros dos seus vehículos. O sector mobilizouse en toda España e no Barbanza uníronse os profesionais de Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son en contra desta situación que pon en xaque o seu modo de vida.

