Hai aproximadamente un mes que os veciños da Ribeiriña-O Conchido denunciaron o primeiro escape de hidrocarburos cara o mar na zona onde se atopan a antiga instalación de Hadasa e a rehabilitación da súa contorna. Os vertidos seguiron producíndose ao longo destas semanas, poñendo en xaque aos mariscadores e á veciñanza. Agora o senador do PP Manuel Ruiz vén de presentar unha moción para instar ao ministerio de Transición Ecolóxica a que tome medidas e solucione a situación.

