Madrid acolle unha nova edición da Feira Internacional de Turismo, Fitur, e un ano máis Barbanza Arousa estivo presente. Nesta ocasión a mancomunidade presentou un novo audiovisual no que se afondan nos valores fundamentais e diferenciais do destino: a fidelización do visitante e a oferta de desconexión da rutina os 365 días do ano.

