A Ría de Arousa rexistra grandes baixadas no marisqueo no 2024. A ameixa e o berberecho contan con perdas millonarias nas capturas que comprometen o futuro de moitas confrarías da zona.
Parte dos patróns maiores e representantes do sector do mar reuníronse hoxe para pedir explicacións ao Goberno galego sobre esta situación e pedir solucións ante esta baixada ano tras ano.
Todas as especies sofreron perdas. Unha das máis acusadas é da ameixa fina, que o ano pasado baixou un 85,8 por cento con relación á media entre os anos 2019 a 2023.

