O Goberno galego pon a disposición das vítimas de violencia de xénero un paquete de axudas que suman máis de 10M€ e que xa poden ser solicitadas. Así o avanzou esta mañá a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, durante a súa visita ao Centro de Recuperación Integral (CRI) para mulleres vítimas de violencia que a Xunta ten en Santiago. García, acompañada pola directora do CRI, Chelo Neira, visitou as instalacións e reuniuse coa directiva. Ademais de agradecer o traballo e compromiso do persoal.

