O presidente da Xunta volve instar ao Goberno español a axilizar o traspaso de competencias na xestión do litoral. Lamenta a demora nas transferencias e sinala ao Executivo central como culpable desta tardanza.
Afirma Alfonso Rueda que o 2025 debe ser o ano no que se fagan grandes avances neste campo.