A parroquia de Lesende en Lousame viu na tarde de onte como un incendio afectaba á planta de reciclaxe de residuos de Servia. O lume afectou a unha morea de ferralla dentro das instalacións pero fóra da nave principal.
Orixinouse nunha zona ao aire libre, o que resultou laborioso para a extinción das lapas pola cantidade de chatarra acumulada. Un traballo que se atallou o antes posibles grazas á acción de varios traballadores do lugar ao retirar estes residuos con máquinas retroexcavadoras.

