O venres regresou de forma momentánea a maxia do Nadal á Pobra do Caramiñal. O concello puxo fin á súa campaña “Volta o Nadal, voltan as Caramiñas” coa entrega da viaxe para catro persoas a Eurodisney patrocinada por Congalsa. Nesta ocasión a gañadora do sorteo foi Marta Domínguez.