A Garda Civil e a Policía Local da Pobra do Caramiñal veñen de deter un varón como presunto autor de numerosos roubos con forza no interior de vehículos na localidade.
Os feitos ocorreron logo dunha denuncia interposta por un dos propietarios afectados nas dependencias pobrenses da Garda Civil. Nela, afirmaba que entre os días 24 e 25 de decembro, alguén rompera os vidros do vehículo para acceder ao seu interior.
No transcurso da investigación producíronse feitos similares na Pobra. Os importes monetarios roubados non foron en ningún caso elevados, pero a gran cantidade de roubos aumentou a alarma social no municipio.
O presunto autor resultou ser un veciño da localidade, coñecido xa poloas forzas de seguridade por delitos do mesmo tipo. Unha vez coñecida a identidade, procedeuse á súa detención como presunto autor de roubos con forza no interior de vehículos.