Pobra Do Caramiñal

O PP DA POBRA CRITICA DURAMENTE AO GOBERNO LOCAL LOGO DA REUNIÓN MANTIDA CON PORTOS DE GALICIA

Hai unha semana Portos de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal mantiveron unha reunión na que se acordou a proposta para a reversión ao estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria.

A zona afectada abrangue os Xardíns de Valle Inclán, a Praza Alcalde Segundo Maior e o Parque do Castelo. Avalariase así devolvelos a titularidade do Estado e no seu caso, dalos de volta aos concellos en base aos criterios establecidos pola FEGAMP.

Agora o PP da Pobra critica duramente ao alcalde José Carlos Vidal por chegar a este acordo, xa que afirman Portos non pode traspasar estes lugares ao Estado e estes de volta ao Concello, xa que dende o 1977 pertencen ao Goberno local.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.