Esta mañá o edificio Fontán do monte Gaiás acolleu a presentación do balance 2024 da actividade de doazón e transplante de órganos en Galicia. Foi un ano no que as cifras bateron un novo récord nos dous eidos xa que o Servizo Galego de Saúde realizou 424 transplantes, o dato máis elevado dende 1981 e que supuxo o 28% máis que no 2023, cando se rexistraron 331. Números que destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

