Esta mañá o salón de plenos da Casa Consistorial da Pobra acolleu a celebración dunha sesión extraordinaria. Había un só punto na orde do día: a participación do concello no Plan Provincial de Obras e Servizos Adicional para o financiamento de gasto social impulsado pola Deputación da Coruña. A Pobra do Caramiñal contará con case 57.000 euros deste plan e as súas propostas, catro programas de contido social, teñen un valor de 61.800 euros.

