Esta mañá celebrouse unha nova sesión do Consello da Xunta no que o equipo de Goberno autonómico avanzou en diferentes cuestións. O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, informou de que se lle deu o visto bo a unha nova oferta de emprego público pola que se convocan 1.664 prazas no ensino galego para este 2025. Isto supón que Galicia “esgota a taxa de reposición marcada desde o Goberno central” xa que no proceso deste verán haberá 120 postos por cada 100 baixas

