Esta mañá o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo unha xuntanza co Corpo Consular acreditado en Galicia. O almorzo-coloquio desenvolveuse no hostal dos Reis Católicos e nel o presidente da Xunta destacou a aposta do Goberno autonómico por reforzar as políticas da Estratexia Galicia Retorna neste 2025 e salientou a importancia de axilizar os trámites para as persoas migrantes ou retornadas que queren iniciar un proxecto vital na comunidade.

