As fortes chuvias rexistradas nesta madrugada deixaron numerosas incidencias na comarca. Unha das zonas máis afectadas foi Aldarís, no Concello de Lousame. A forza da auga do regato que pasa polo centro da aldea arrastrou árbores e rochas que taponaron o seu curso provocando inundacións que afectaron a máis dunha ducia de vivendas.

