O 5 de xaneiro quedará gravado para moitos polo tráxico incendio que asolou o Club de Remo Puebla. Nun abrir e cerrar de ollos o lume consumiu todo o que estaba no seu interior, convertendo en cinza 46 anos de historia e traballo. Dous días despois o club xa traballa pensando no futuro e en seguir cara adiante despois de que as lapas, cuxo orixe apunta a un fallo eléctrico, consumiran embarcacións, papeis e foxos.