O sábado desenvolveuse unha nova edición do Pequetrail de Lousame, por sexto ano nenos e nenas de entre 5 e 16 anos déronse cita nesta proba que se está a converter en tradicional na localidade. Nesta ocasión sumáronse corenta participantes converténdose na segunda edición máis concorrida da historia desta proba.

