27 noviembre, 2026
Image default

A ANPA ALECRÍN DO CPI CERNADAS DE CASTRO SOLIDARÍZASE COS AFECTADOS DA DINA EN VALENCIA

Baixo o lema de Por una infancia sin barro, a Confederación Española de Anpas lanzou unha campaña a nivel nacional para recadar fondos en beneficio dos centros afectados pola dina en Valencia.

Así, a Anpa Alecrín do CPI Cernadas de Castro de Lousame organizou no día de onte unha gran festa solidaria para os máis pequenos.

O evento contou con taller de manualidades, sorteos, hinchables, karaoke, actuacións musicais e ata badaladas. Todos os fondos acollidos foron canalizados á Confederación Española de Anpas para a súa posta en servizo aos afectados en Valencia.

Irán destinados a labores como compra de material e reconstrución centro a centro para así axudar aos máis pequenos a volver á normalidade pouco a pouco.

Related posts

O CONCELLO DE LOUSAME AMPLÍA FRONTEIRAS COA INSTALACIÓN NO TERMO MUNICIPAL DUNHA EMPRESA CHINA DE ALMACENAXE DE ENERXÍA

CloudyX

LOUSAME TEN ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA O SERVIZO DE CONCILIACIÓN NAS VACACIÓNS DO NADAL, ENTROIDO E SEMANA SANTA

CloudyX

O ALCALDE DE LOUSAME DESTACA A IMPORTANCIA DO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR BRIÓN-NOIA PARA ATRAER XENTE AO MUNICIPIO

CloudyX