Na súa visita ao encoro de Belesar, o presidente da Xunta salientou o potencial galego para liderar a transición enerxética e convertirse en referente na produción e almacenamento de renovables.
Poñendo como exemplo estas infraestrutura, constata así os recursos naturais galegos, sendo Galicia a terceira comunidade con maior cota de produción de enerxía verde, e nos primeiros dez meses do ano a porcentaxe superou o 85 por cento sobre o total da produción que saiu das instalacións enerxéticas.
Ademais, sinalou así este potencial para almacenar e producir renovables, ao tempo que se debe facer de xeito ordenado e con sentidiño.

