18 noviembre, 2026
Image default

A GARDA CIVIL DETÉN UN GRUPO CRIMINAL DEDICADO ÁS ESTAFAS TECNOLÓXICAS

O Equipo @ da Garda Civil da Coruña vén de desarticular un grupo criminal asentado na cidade herculina dedicado á captación de mulas económicas para o branqueo de capitais procedentes de diversos delitos de estafa tecnolóxica. Entre eles inclúense vishing e smishing bancario, estafas do fillo en apuros, hackeo de contas de WhatsApp e fraudes en compravenda de vehículos.

A operación culminou coa detención de tres persoas e a investigación doutras catro nas localidades de Muros, A Coruña, Arteixo e Negreira. Aos implicados impútanselles delitos de estafa, branqueo de capitais, falsedade documental e pertenza a grupo criminal

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX