18 noviembre, 2026
Image default

FIN DE SEMANA ACCIDENTADO NO BARBANZA

Os Bombeiros de Ribeira e Boiro pasaron un fin de semana de moito traballo no Barbanza. O último en ocorrer foi un incendio nunha nave industrial no núcleo de Couso, en Aguiño.

O lume produciuse por mor das chispas dunha radial empregada en labor de mantemento no lugar. Só afectou a unhas planchas de poliuretano que había no chan. Tratábanse de restos do illamento dunha cámara frigorífica que arderon logo de chegarlle as chispas.

Segundo os servizos de emerxencia, a propietaria da nave estaba facendo traballos de acondicionamento e sinalou como posible causa do inicio do incendio, que tamén afectou a un novo peche que estaban a facer.

O outro suceso da fin de semana foi un incendio nunha nave da empresa DS Smith Packaging Cartogal, no Polígono da Tomada. Preto de 50 traballadores do turno de noito tiveron que ser evacuados por mor do importante lume no lugar.

Ocorreu preto das catro da mañá do sábado, e os traballadores foron evacuados por protocolo, polo que a produción estivo parada ata as sete da mañá, cando os efectivos de emerxencias conseguiron estabilizar a situación.

A nave servía como almacén e seu teito de plástico fixo que as lapas se propagaran con maior facilidade. Ademais de extinguir o incendio, tamén tiveron que osixenar e garantizar a seguridade básica na zona.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX