O consello da Xunta concluiu hoxe con medidas no ámbito da investigación e da mellora dos carreiros bici da comunidade. Ademais, os informes de Facenda fan prever que Galicia pechará o ano con niveis de débeda inferiores aos do 2012.
O presidente da Xunta sinala que a previsión do peche do exercicio do 2024 pasa por acadar un endebedamento de case 12 mil millóns de euros, o que supón unha dedución de 233 millóns con respecto ao peche do 2023.

