Dende que Santiago de Compostela levantara a man e se pedira unha taxa turística para revertir as consecuencias do turismo masificado na cidade, foron moitos os municipios que se sumaron ou canto menos pensaron en tomar exemplo.
A multiplicación de habitantes durante o verán fai que moitos concellos non sexan capaces de asumir os gastos que supón a chegada de milleiros de visitantes.
Por iso, esta medida obrigaría aos turistas a pagar entre un euro e 2,5 ao día por permanecer nos seus destinos. No caso da Pobra do Caramiñal non ven con malos ollos valorar esta opción, aínda que non chegou sequera ao debate no propio equipo de goberno.

