A chegada dos libros dixitais hai anos fixo que moitos lectores auguraran a desaparición do formato en papel. O certo é que a realidade distou moito destas premonicións. As librerías seguen recibindo a mesma cantidade de clientes que anos anteriores, sendo para moitas delas, un 2024 do máis tranquilo.
Dende este establecemento de Boiro afirman que este ano tivo cifras semellantes ás do 2023, sen ningún xénero que resaltara por enriba do resto. Destacan iso si a baixa na demanda en poesía xuvenil.

