O Goberno galego porá en marcha o próximo ano un novo Plan Termal co obxectivo de impulsar de forma definitiva do sector. Un total de 8 millóns de euros para reforzar o que Alfonso Rueda califica como tesouro natural.
Galicia é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais, e conta con máis de 20 balnearios, o que representa o 20 por cento da oferta termal de España. Co obxectivo de preservar e potenciar este sector, a Xunta impulsará un plan no 2025 para afondar na súa consolidación na comunidade.
Serán 8 millóns de euros para, segundo o presidente, crear novos establecementos ou mellorar os actuais, un manueal de boas prácticas ou un observatorio que exercerá de ferramenta de investigación turística.