Pobra Do Caramiñal

DETIDO UN VECIÑO DA POBRA DO CARAMIÑAL COMO AUTOR DE MÚLTIPLES ROUBOS NO INTERIOR DE VEHÍCULOS

A Garda Civil de Boiro e a Policía Local da Pobra detiveron un home veciño desta localidade como presunto autor de varios delitos de roubo con forza no interior de vehículos. Os feitos ocorreron entre os meses de setembro e decembro nas rúas do casco urbano pobrense.

A detención levouse a cabo logo dunha intensa investigación na últimas semanas, motivada polo incremento significativo de roubos en vehículos estacionados na vía pública. Durante a detención incautouse un reloxo substraído, diñeiro en efectivo e catro doses de cocaína.

Ao detido acúsano agora de substraer diñeiro en efectivo, ferramentas, aparellos electrónicos, alimentos, bebidas e efectos persoais dos automóbiles. O valor total do roubado ascende a máis de 1800 euros, aos que hai que sumarlle os danos materiais causados durante os roubos, que polo momento están a ser avaliados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.