A praza Alcalde Segundo Durán acolleu na mañá de hoxe os eventos conmemorativos polo día da Diversidade Funcional organizados por Ambar. Con intención de celebrar unha data como esta, congregaron alí a centos de escolares dispostos a pasalo ben cos xogos organizados por toda a praza.
Mural colaborativo, obradoiro de artesanía, xogos populares ou a creación dunha árbore de nadal diversa foron as actividades elaboradas por Ambar na Pobra.
Todas elas foron ideadas polo membros de Ambar e con ellas pretenden facerllo pasar ben aos 400 asistentes e dar a coñecer a entidade social e o seu traballo.