Un luns máis celebrouse o Consello da Xunta no que o Goberno autonómico afondou e aprobou diferentes cuestións da meirande parte dos ámbitos. No sanitario deuse luz verde ao Plan sanitario galego de inverno que inclúe por primeira vez unha rede de farmacias sentinela e un modelo matemático para predicir as necesidades asistenciais derivadas de infeccións respiratorias.