Concelleiros e portavoces do BNG na comarca de Muros Noia reuníronse hoxe en Noia para amosar a serie de emendas que propoñerán ao goberno galego no debate sobre os orzamentos. Medidas en política social, educación, infraestruturas ou saneamento son os puntos máis destacados entre as esixencias dos nacionalistas.
Afean así á Xunta que deixaran de lado á comarca nos presupostos do 2024.