Xunta de Galicia

O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA QUE GALICIA SERÁ PIONEIRA COA APROBACIÓN DA PRIMEIRA LEI AUTONÓMICA DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Alfonso Rueda destacou hoxe que Galicia vai ser pioneira ao aprobar a primeira lei autonómica de intelixencia artificial, unha normativa que se espera saia adiante proximamente no Consello da Xunta.

Durante a clausura do XXIII Congreso de Directivos da Fundación CEDE, celebrado na Coruña e centrado nos desafíos desta tecnoloxía, o presidente asegurou que o seu Goberno busca garantir un uso ético e seguro da IA á vez que consolidar Galicia como un referente no desenvolvemento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.