A Garda Civil vén de deter a cinco persoas na Pobra do Caramiñal no marco da Operación Oinferno. Os dous homes e tres mulleres pertencen a un clan familiar e están agora acusados dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Para o líder decretouse unha pena de prisión e para os outro catro implicados, liberdade con cargos.
A investigación comezou no mes de xuño, cando se identificou un punto de venda de droga no casco urbano da vila. O principal responsable do grupo, un home con antecedentes por delitos relacionados coas drogas, operaba xunto con outros membros do clan na distribuición de cocaína, haxix e marihuana a consumidores da comarca.
Co obxectivo de dificultar as labores policiais, o cabeza da banda trasladou o punto de venda a unha vivenda unifamiliar illada. Logo de comprobar a Garda Civil a intensa actividade diaria relacionada co tráfico de substancias, procederon á detención do home e o rexistro da propiedade. Alí atoparon 230 doses de cocaína, 852 de haxix, máis dun quilo de marihuana, 2800 euros en efectivo, unha pistola de aire comprimido e diferentes aparellos para a dosificación e distribución das substancias.
Os detidos foron postos a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Número 3 de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión do líder e a liberdade con cargos dos outro catro implicados.