Esta mañá o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaron as instalación de MeteoGalicia en Santiago. Nese escenario o titular do Goberno galego destacou a excelencia deste organismo e reiterou a demanda ao Goberno central para que transfira á comunidade as competencias en meteoroloxía.