Esta mañá desenvolveuse un novo Consello da Xunta no que se deron luz verde a diversas iniciativas. No ámbito sanitario acordouse ofrecer a partir do 2 de decembro o novo programa galego de cribado neonatal para a detección precoz e o tratamento de cardiopatías conxénitas críticas para poder identificar esta enfermidade nas primeiras 24 horas de vida dos bebés.