Esta mañá puxo o seu punto e final un novo curso formativo impulsado pola Xunta. A vintena de alumnos que participaron no obradoiro de emprego dual Noia-Lousame 2023 adquiriron os coñecementos previstos en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, destacou que este taller se pecha con éxito despois de 12 meses de formación práctica e teórica.