José López Campos volveu incidir hoxe no Pleno do Parlamento en que o galego non debe situarse nun escenario de confrontación, se non en achegas positivas para mellorar o seu uso social. Recorda que a Xunta traballa con constancia no Pacto pola Lingua con novas reunións con diferentes axentes lingüísticos.
A vindeira semana o titular de Lingua manterá unha segunda rolda de contactos cos grupos parlamentarios para seguir afondando nas accións a desenvolver de maneira conxunta. Neste sentido apelou á responsabilidade de todos á hora de reclamar os fondos que lle corresponden a Galicia para poder desenvolver proxectos de dinamización da lingua.