A Xunta vén de modificar a Lei de portos para permitir ampliar os prazos de vixencia das concesións asentadas en terreos portuarios de titularidade autonómica. Chegarán ata os 75 anos no caso das empresas e entidades con actividade estratéxica para os portos. Este cambio normativo articulado a través da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos para 2025 foi trasladado esta mañá polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a unha ampla representación dos xestores dos portos deportivos autonómicos, un dos principais sectores beneficiarios potenciais da medida.