O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha por terceiro curso seguido o servizo Espazo nas Escolas no que colabora a Asociación Socieducativa Antonio Gandoy. Esta iniciativa é unha ferramenta de prevención, de acompañamento e de intervención pensada para todos os centros educativos da localidade, dende infantil ata secundaria.