Hai pouco máis dunha semana a Pobra do Caramiñal pechaba unha nova edición das Xornadas Micolóxicas. Agora o concello segue a apostar polos cogomelos pero nun novo formato, os cursos. O xardín veciñal do centro sociocultural da Ribeiriña contará cun itinerario a través do que se afondará no reino dos fungos. Proposta que lanzan de forma conxunta a Concellería de Participación Veciñal pobrense e Agrofloresta Viva.