O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, anunciou que antes de finais deste ano se aprobará a Oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2024 con case 600 novas prazas de emprego público de acceso libre.
Así o expuxo esta mañá no Parlamento durante a súa intervención no Debate de Totalidade dos Orzamentos para 2025 onde explicou que a modernización da Administración pública e o relevo xeracional están entre as prioridades do Goberno galego.