O programa Feito coas túas mans do Concello da Pobra do Caramiñal concluirá con obradoiros enfocados no Nadal. Elaboración de adornos, estampaxe, esmaltado en po sobre metal e confección de bonecas de trapo son os cursos que se impartirán do 28 de novembro ao 12 de decembro.
Esta iniciativa nace do éxito de participación dos anteriores obradoiros, onde en poucas horas se ocuparon as prazas ofertadas a cada un.