Os maiores do centro día pobrense poden ver xa os resultados da iniciativa Retratos na Memoria. Un ano de traballo foi o que precisaron Paola González a cargo das fotos e Andrés Bernal coa pintura para rematar unhas obras que plasman as historias de vida dos retratados.
Eles foron os encargados durante este tempo de traballar cos usuarios do centro de día para sacar adiante o proxecto. Por iso na presentación quixeron ter unhas palabras de agradecemento con estes maiores.