O Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, situado no polígono de Sabón, abriu hoxe as súas portas para acoller a gala de entrega do LXVI Premio Fernández Latorre a Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca. O tamén dirixente do Deportivo de La Coruña reivindicou a necesidade de que Europa invista en innovación e na busca de novos motores de crecemento ante a competencia de países como Estados Unidos e China.