Impulsar, fortalecer e consolidar a competividade económica de Galicia é o compromiso da Xunta que o seu presidente destacou hoxe no X Encontro para Directivos Líderes 100 Consellos Santander.
Rueda foi o encargado de pechar o acto, onde salientou que a comunidade actualmente é a segunda onde máis medran a confianza empresarial.
Así, o titular da Xunta expuxo un decálogo de obxectivos sobre os que o goberno autonómico centrará o traballo para o 2025, entre os que destacan a estabilidade, a prudencia orzamentaria, o apoio ao tecido empresarial e o impulso de proxectos de colaboración público privada.