Cincuenta poemas son os que están incluídos en Cadernos da desmemoria, do autor Manuel Teira, presentado no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal. O obxectivo destas composicións, reflexionar sobre a vida e a existencia a través dunha linguaxe rica e complexa.
O escritor aborda temas como a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu ou o labirinto, dando lugar a unha obra de poesía introspectiva escrita seguindo as súas lembranzas.