Pobra Do Caramiñal

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VISITOU HOXE A POBRA ONDE COÑECEU DE PRIMEIRA MAN A RECUPERACIÓN PATRIMONIAL E DE INFRAESTRUTURAS REALIZADA AO ABEIRO DO POS

Xornada de traballo entre o Concello da Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña. O presidente do entre provincial, Valentín González Formoso, visitou esta mañá a localidade para comprobar o resultado dalgunhas das actuacións desenvolvidas a través do Plan de Obras e Servizos, POS. Antes de acudir aos lugares onde se actuou cos fondos da Deputación foi recibido no concello, onde asinou no libro de honra antes de que o alcalde lle entregara unha medalla de Castelao como agasallo.

O primeiro lugar en visitar foi a Mirandela lugar onde se realizou unha actuación integral financiada polo POS do 2019.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.