Pobra Do Caramiñal

A AXENCIA DE DOAZÓN DE SANGUE DESPRÁZASE ATA O POLÍGONO DA TOMADA PARA FOMENTAR AS ACHEGAS DE TRABALLADORES DA ZONA, CASE 20 ANOS DESPOIS DA SÚA ÚLTIMA VISITA AO LUGAR.

Os traballadores do polígono industrial da Tomada dispuxeron hoxe dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no lugar. Co fin de promover as doazóns en entornos laborais como o pobrense, nace esta iniciativa da man da ADOS e da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono.

Non é a primeira vez que pasan pola Tomada. Aínda que van case 20 da última visita da unidade móbil á zona, si estiveron recentemente noutras empresas da comarca, rexistrando ata o de agora grandes resultados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.