Esta mañá o Pazo do Hórreo acolleu unha nova sesión do pleno do Parlamento Galego. Unha vez máis celebrouse a sesión de control na que a oposición cuestionou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre diferentes cuestións. O voceiro socialista, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que a comunidade está a pasar por un problema de emerxencia habitacional a pesar de que o goberno autonómico ten competencias en vivenda.