Pobra Do Caramiñal

CONGALSA PARTICIPARÁ NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE ESTE XOVES, CON REPRESENTACIÓN DA EMPRESA E DO EQUIPO DE GOBERNO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

A xunta directiva da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada, encabezada pola súa presidenta e Directora de Relacións Institucionais de Congalsa, Isabel Cañas, o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, representantes de empresas do lugar e o responsable de xestión de colectas de ADOS; José María Vázquez, visitarán a unidade móbil de doación de sangue de ADOS.

O ano pasado en Galicia realizáronse máis de 103 mil doacións de sangue, o que sitúa á nosa comunidade como unha das referentes a nivel nacional neste eido.

Aínda así, os expertos seguen incidindo na necesidade de doar maior cantidade, polo que piden maior concienciación na sociedade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.