O Barbanza destaca por ser unha das zonas galegas con máis adeptos a deportes minoritarios na nosa comunidade. Un deles é o kempo, unha variante do karate, que dende hai semanas conta na Pobra cun novo club, O Norte.
Aínda con pouco tempo de vida, polo de agora contan con moitos rapaces anotados. A promoción en centros educativos foi clave para isto, aínda que academia está enfocada a todos os públicos.